• info@keveros.com

Teranga (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO)

«Vencerse é cousa de se tratar.» Este verso da escritora Xela Arias é o xermolo da historia dun grupo de rapazas que son quen de superar todos os atrancos que xorden na súa vida persoal e no instituto grazas á «Teranga» e á riqueza de compartir as palabras que nos definen nas distintas culturas. Aquel fora un curso escolar inesquecible para todas, porque o amor, o compañeirismo e o traballo en equipo lograran vencer fronte ás persoas que non entenden que na diversidade está a mellor das riquezas. E tamén porque formaran un grupo musical, Seneregue, que as unira para sempre.

Descripción del producto

Biografía del autor

Naceu e vive na Coruña, mais pasou unha parte importante da súa vida na capital da Terra Chá, Vilalba. É mestra de Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. Leva exercendo o ensino desde hai vinte e un anos, impartindo cursos e facendo traballos sobre ensino global. Publica os primeiros relatos, «Ela» e «Tuerka 27», na revista «Tempos Dixital». Logo virían o álbum ilustrado «Man. O alemán de Camelle» (2012), coa intención de achegar a figura de Manfred Gnädinger á mocidade; «O álbum de Garrincha» (2015), unha historia sobre como o deporte, neste caso o fútbol, pode ser un elemento de integración para as nenas e nenos migrantes, e «Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán» (2017), que aproxima a figura de Valle á rapazada. En 2019 publica «Lúa en Ningures», o seu primeiro libro en Xerais, ao que seguiu «As sentinelas do silencio» (2022), «Teranga» (Xerais, 2024) e «Begoña ou o pracer da amizade» (Xerais, 2026). Xunto á escritora Eli Ríos e á ilustradora Laura Suárez, é autora do álbum ilustrado «Luísa Villalta. Alma de violino» (Xerais, 2023).

Añadir una reseña

Su e-mail no será publicado. Los campos obligatorios estan señalados

Su puntuación *

0 (total)

Basado en 0 comentarios